Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Exitosa participación da USC na Liga de judo do Concello de Oleiros

[01/03/2011] A terceira xornada, disputada o 26 de febreiro, contemplaba as categorías sub-15 e sub-17. Dada a proximidade do campionato provincial e da fase final do campionato galego, concentráronse moitos judokas e de gran nivel en bastantes casos na zona máis competitiva do judo galego, a saber, a área coruñesa. Por iso, valoramos esta experiencia como importante para mellorar e valorar o noso estado de forma real.

Sete medallas para os atletas veteráns da USC

[28/02/2011] O clube de atletismo da USC obtivo sete medallas –tres ouros, unha prata e tres bronces– no Campionato Galego de Veteráns celebrado o pasado sábado na pista cuberta de Riazor en A Coruña.

Xadrez: Oitava Rolda

[28/02/2011] A xornada saldouse cunha contundente vitoria do equipo da USC na División de Honra fronte ao Breogán e a derrota pola mínima da USC Xuvenil diante do Marquiño.

Competición dos equipos da USC na fin de semana

[25/02/2011] Na xornada do sábado protagonismo para o xadrez, atletismo, fútbol e tenis. O domingo celebrase Campionato Galego de Tenis por Equipos Veteráns +45.

Sendeirismo: Track GPS da ruta dos Muíños do Folón

[24/02/2011] Xa está dispoñíbel o Track GPS da ruta dos Muíños do Folón, de 15 quilómetros, que se realizará o vindeiro sábado día 26 de febreiro.