Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Fantástica actuación dos atletas da USC no Campionato Escolar en Pista

[13/04/2011] O club USC participou con máis de 20 atletas na segunda xornada clasificatoria do Campionato Escolar en Pista celebrado o pasado sábado nas Pistas de Atletismo do Concello de A Pobra. Na xornada, os atletas do clube universitario tentaron acadar unha das 16 mellores marcas da provincia na súa proba que lle daría acceso o Campionato Provincial que se celebrará no mesmo escenario o sábado 30 de abril.

Judo: Montserrat Padro Iglesias, ouro na fase final do Campionato Galego Infantil

[13/04/2011] O pasado 9 de abril, Montserrat Padro Iglesias conseguiu o ouro na categoría de -63 kg, na fase final do Campionato Galego Infantil disputado en Ribadumia. Francisco Caamaño, José Ares e Dario Moure acadaron un terceiro posto en -42 Kg, -63 kg e +66 kg.

Tenis: A USC derrota ao Club de Tenis Chantada

[13/04/2011] O pasado domingo 10, o equipo do Club USC venceu, na súa saída, ao Club de Tenis Chantada cun axustado resultado (3-4).

A USC competirá polo título nacional universitario 2010-2011 de Fútbol Sala Feminino

[11/04/2011] A USC venceu á Universidade do País Vasco na fase interzonal do Campionato Universitario de España celebrada, en Xixón, o día 1 de marzo, na modalidade de Fútbol sala Feminino, e disputará a final universiraria os vindeiros 11-15 de abril en Madrid.

Competicións deportivas na fin de semana

[08/04/2011] O sábado 9 e o domingo 8 achegan unha variada oferta de competicións deportivas con presenza dos clubes da USC: natación, judo, atletismo e tenis.