Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Sendeirismo: Track GPS da ruta dos Muíños do Folón

[24/02/2011] Xa está dispoñíbel o Track GPS da ruta dos Muíños do Folón, de 15 quilómetros, que se realizará o vindeiro sábado día 26 de febreiro.

Natación, resultados da Liga Benxamín e Alevín

[24/02/2011] O pasado sábado 19 celebrouse a cuarta xornada da Liga Alevín e Benxamín de natación.

Xadrez: sétima rolda, resultados adversos

[23/02/2011] Xornada complicada para o catro equipos universitarios que se saldou con dúas derrotas e dous empates. USC en división de honra e USC Xuvenil en primeira perderon e empataron os dous equipos de terceira USC Compostela e Escola USC.

Resultados do Campionato de Tenis

[23/02/2011] Vitoria do equipo infantil do Club USC fronte a Club de Tenis de Negreira e derrotas do equipo veterán +45.

USC, prata e bronce no Campionato de España Absoluto de Judo Sector Oeste

[22/02/2011] Daniel González Jorge (-73 kg) e Ana Mª García Esmorís (-70 kg) foron bronce e prata respectivamente no Campionato de España Absoluto de Judo Sector Oeste, celebrado en Lugo o sábado 19 de febreiro. González Jorge, actual campión de España Junior, conseguíu o bronce e Ana García Esmorís repite final coa compañeira de selección, Sara González.