Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Karatecas da USC, bronce no Campionato de España Senior de Karate

[28/03/2011] Esta pasada fin de semana, a selección galega obtivo unha medalla de bronce na modalidade de Kata por Equipos no XLII Campionato de España Senior de Karate que se celebrou en Ciudad Real.

Resultados na Liga Galega de Orientación

[28/03/2011] Na terceira proba da Liga Galega de Orientación, en Forgoselo, o pasado sábado 26 de marzo, os atletas da USC acadaron dúas salientables vitorias, Aitor Sampedro en iniciación curta e Laura Martínez en Damas 21.

Judo, tenis e atletismo na fin de semana

[24/03/2011] Os atletas da USC mídense en diversas probas o sábado 26. Os judokas disputan a Fase Sur do Campionato Escolar e os tenistas dos equipos infantís e absolutos teñen cita o sábado e o domingo.

Campionato Galego Benxamín-Alevín-Infantil en Pista Cuberta

[23/03/2011] Quince atletas do club USC participaron no Campionato Galego de Pista Cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil acadando unha prata e un bronce.

Mapa e Track GPS da ruta Vilela-Serra do Farelo

[23/03/2011] Xa está dispoñíbel o Mapa e Track GPS da ruta de Vilela- Serra do Farelo. Cunha extensión de 16 km, un perfil de desnivel medio-baixo e cunha dificultade media, o percurso percorre a parroquia de Vilela no concello de Rodeiro e achéganos a liña de cume da Serra do Farelo.