Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Mauricio Brusco e Susana Rodríguez vencen no Triatlón Indoor Val Miñor

[16/03/2011] No evento, celebrado o pasado domingo 13 en Nigrán, participaron catro nadadores da USC.

Novena rolda da Liga Galega de Xadrez

[15/03/2011] Xornada complicada para os equipos da USC a celebrada o pasado 12 de febreiro. A USC na División de Honra empatou co Alexandre Bóveda, cuarto clasificado, e a USC Xuvenil da Primeira División caeu derrotado diante do Padrón, líder na clasificación.

Resultados da Liga de natación alevín e benxamín

[14/03/2011] O pasado sábado 12 celebrouse, en Arzúa, a quinta xornada da Liga Alevín e Benxamín de natación. A destacar a actación de Raquel González (conseguiu unha marca mínima para participar no campionato galego en 100 libre).

USC, importante cita co atletismo, o judo, o xadrez e o tenis na fin de semana

[11/03/2011] Os atletas da USC compiten en Monterrei e Noia, os judokas teñen cita en Vigo, os tenistas enfróntanse ao Casino Ferrolan, os xadrecistas xogan en Compostela contra o Club Alexadre Bóveda e Club de Ajedrez Padrón e os nadadores alevíns e benxamíns compiten en Arzúa.

Martiño Rama, campión galego en 50 libre, subcampión en 100 libre e bronce en 100 estilos

[10/03/2011] Martiño Rama subiu por tres veces ao podio do Campionato Galego de Natación celebrado os pasados 5 e 6 de marzo en Ponteareas.