Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Undécima rolda da Liga Galega de Xadrez

[31/03/2011] Xornada que despide por este ano a Liga, a USC na División de Honra logrou o empate fronte a Liceo Ourense e a USC Xuvenil en Primeira División perdeu pola mínima diante da Casa da Xuventude de Vilagarcía de Arousa.

Resultados das competicións de tenis

[30/03/2011] O sábado 26 os equipos da USC venceron nos encontros co Club de Tenis da Coruña e co Club de Tenis de Negreira, respectivamente, no Campionato de Galicia de Equipos Infantís e no de Equipos Veteráns. Na xornada dominical, no Campionato de Galicia por Equipos de 2ª B, o conxunto da USC caeu pola mínima fronte ao Club de Tenis Lalín.

O mércores comeza a súa andaina a Liga de Deportes Tradicionais

[29/03/2011] O vindeiro mércores, 30 de marzo, principia a Liga de Deportes tradicionais nas modalidades de billarda, bolos celta e chave.

Karatecas da USC, bronce no Campionato de España Senior de Karate

[28/03/2011] Esta pasada fin de semana, a selección galega obtivo unha medalla de bronce na modalidade de Kata por Equipos no XLII Campionato de España Senior de Karate que se celebrou en Ciudad Real.

Resultados na Liga Galega de Orientación

[28/03/2011] Na terceira proba da Liga Galega de Orientación, en Forgoselo, o pasado sábado 26 de marzo, os atletas da USC acadaron dúas salientables vitorias, Aitor Sampedro en iniciación curta e Laura Martínez en Damas 21.