Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Orientación: María Isabel Fraga e Pilar Veiga vencen en Damas 35 e Damas Élite

[04/04/2011] Na 4ª proba da Liga Galega de Orientación –IX Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo, celebrado o pasado sábado, as atletas da USC María Isabel Fraga e Pilar Veiga venceron en Damas 35 e Damas Élite, respectivamente.

Proceso selectivo da praza de xerente da Fundación: listaxe provisoria de admitidos e excluídos

[03/04/2011] Listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a praza de xerente da Fundación USC Deportiva convocado por resolución do 4 de marzo de 2011.

Competicións deportivas da fin de semana

[31/03/2011] Xornada do sábado dedicado ás carreiras de orientación e taekwondo. O tenis terá o protagonismo o domingo.

Undécima rolda da Liga Galega de Xadrez

[31/03/2011] Xornada que despide por este ano a Liga, a USC na División de Honra logrou o empate fronte a Liceo Ourense e a USC Xuvenil en Primeira División perdeu pola mínima diante da Casa da Xuventude de Vilagarcía de Arousa.

Resultados das competicións de tenis

[30/03/2011] O sábado 26 os equipos da USC venceron nos encontros co Club de Tenis da Coruña e co Club de Tenis de Negreira, respectivamente, no Campionato de Galicia de Equipos Infantís e no de Equipos Veteráns. Na xornada dominical, no Campionato de Galicia por Equipos de 2ª B, o conxunto da USC caeu pola mínima fronte ao Club de Tenis Lalín.