Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Xadrez: Cuarta Rolda

[04/02/2011] A Cuarta Rolda saldouse con dúas vitorias a da USC Xuvenil fronte ao Santa María de Caranza na Primeira División Grupo B e a da Escola USC na Terceira División Grupo C diante do Gallaecia Stellae. E coas derrota do equipo USC ante o Círculo Ferrolano "A" na División de Honra e da USC Compostela no seu enfrontamento co líder da Terceira División Grupo C, o Liceo Pueblense.

Novas saídas de sendeirismo: Pazos de Arenteiro e os Muíños do Folón

[01/02/2011] Aberto prazo de inscrición para participar en dúas novas rotas de camiñada por terras de Ourense e Pontevedra, ambas as dúas cun grande interese natural e patrimonial: Pazos de Arenteiro e os Muíños do Folón; realizaránse, respectivamente, os vindeiros sábados 12 e 26 de febreiro.

Blix do Club USC, favorito no Campionato Galego de Cross

[28/01/2011] A USC presentará un equipo na categoría junior con opcións de subirse ao caixón do podio na clasificación final no Campionato Galego de Cross das categorias junior, promesa e senior que se celebrará en Ribadavia o vindeiro domingo 30.

O equipo infantil de tenis da USC vence ao Negreira por 5-0

[28/01/2011] Na segunda xornada do Campionato de Galicia por Equipos Infantís, o pasado de xaneiro, o equipo infantil do Club USC logrou a súa segunda vitoria ao impoñerse por un contundente 5-0 ao Club de Tenis Negreira.

15 corredores da Escola de Atletismo da USC clasifícanse para o Campionato Provincial de Campos a Través Escolar

[24/01/2011] O pasado sábado 22, a Escola de Atletismo da USC protagonizou unha magnífica actuación na Fase Zonal Clasificatoria de Campo a Través Escolar celebrada no Parque Eugenio Ganell de Santiago de Compostela.