Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Xadrez: Sexta Rolda

[15/02/2011] A sexta rolda da liga galega de xadrez, disputada o sábado 12 de febreiro, foi unha boa xornada para o catro equipos universitarios que lograron tres vitorias e un empate. USC gañou na división de honra, USC Xuvenil empatou na Primeira División e na terceira rexistráronse dúas contundentes vitorias a cargo de USC Compostela e Escola USC.

Natación: 3º posto na Copa galega de clubes de Terceira División

[14/02/2011] O pasado 12 de febreiro celebrouse en Xove a terceira xornada da Copa galega de clubes de Terceira División onde a USC acadou o 3º posto. A fase final celebrarase o 7 de maio en Santiago (Santa Isabel) e o obxectivo é conseguir o ascenso a 2ª división, misión difícil xa que o Cidade de Santiago ocupa un primeiro posto indiscutible e hai loitar pola segunda praza para o ascenso co C.N. Xove que, a priori, está por diante do equipo da USC. Co obxectivo de acadar o ascenso a Segunda División intensificaranse os adestramentos nos vindeiros meses.

Participacións deportivas da USC na fin de semana

[11/02/2011] O sábado importantes citas para a natación e o xadrez. O domingo é o día do atletismo.

Domingo 13: os xuvenís da USC no Campionato de España de Campo a Través

[11/02/2011] O vindeiro domingo dispútase o Campionato de España de Campo a Través por clubes en Punta Umbría (Huelva) coa participación dos mellores nacionais das categorías cadete, xuvenil, junior, promesa e senior.

Sendeirismo: Track GPS da saída Pazos de Arenteiro - Leiro

[09/02/2011] Xa está dispoñíbel o Track GPS da ruta Pazos de Arenteiro a Leiro, de 12 quilómetros, que se realizará na saída do vindeiro sábado día 12 de febreiro.