Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Xadrez: Quinta Rolda

[07/02/2011] A Quinta Rolda saldouse co empate da USC fronte ao Club Kárpov na División de Honra e a vitoria da USC Compostela na Terceira División. A USC Xiuvenil, na Primeira División, e a Escola USC, na Terceira, saíron derrotados dos seus enfrontamentos.

Natación, xadrez e atletismo na fin de semana

[04/02/2011] Na xornada do sábado celébrase a terceira xornada da liga alevín de natación e a quinta rolda da liga galega de xadrez. O domingo, en Vitoria-Gazteiz o Campionato de España de Veteráns por Clubs.

Xadrez: Cuarta Rolda

[04/02/2011] A Cuarta Rolda saldouse con dúas vitorias a da USC Xuvenil fronte ao Santa María de Caranza na Primeira División Grupo B e a da Escola USC na Terceira División Grupo C diante do Gallaecia Stellae. E coas derrota do equipo USC ante o Círculo Ferrolano "A" na División de Honra e da USC Compostela no seu enfrontamento co líder da Terceira División Grupo C, o Liceo Pueblense.

Novas saídas de sendeirismo: Pazos de Arenteiro e os Muíños do Folón

[01/02/2011] Aberto prazo de inscrición para participar en dúas novas rotas de camiñada por terras de Ourense e Pontevedra, ambas as dúas cun grande interese natural e patrimonial: Pazos de Arenteiro e os Muíños do Folón; realizaránse, respectivamente, os vindeiros sábados 12 e 26 de febreiro.

Blix do Club USC, favorito no Campionato Galego de Cross

[28/01/2011] A USC presentará un equipo na categoría junior con opcións de subirse ao caixón do podio na clasificación final no Campionato Galego de Cross das categorias junior, promesa e senior que se celebrará en Ribadavia o vindeiro domingo 30.