Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Tenis: triunfo do equipo infantil másculino e derrota dos veteráns

[02/03/2011] O pasado sábado 26 rexistrou unha nova vitoria do equipo infantil fronte á Escola de Tenis Canabal. O domingo 27 os veteráns de máis de 45 caían derrotados pola mínima fronte ao Pedralba.

Fútbol veteráns, asegurar o ascenso á División de Honra

[02/03/2011] O proximo sábado o equipo de fútbol de veteráns reanuda a competición de Liga, ás 16.00, en Bertamirans (Ames). É un encontro decisivo para manter o actual cuarto puesto que é praza de ascenso á Division de honra.

Exitosa participación da USC na Liga de judo do Concello de Oleiros

[01/03/2011] A terceira xornada, disputada o 26 de febreiro, contemplaba as categorías sub-15 e sub-17. Dada a proximidade do campionato provincial e da fase final do campionato galego, concentráronse moitos judokas e de gran nivel en bastantes casos na zona máis competitiva do judo galego, a saber, a área coruñesa. Por iso, valoramos esta experiencia como importante para mellorar e valorar o noso estado de forma real.

Sete medallas para os atletas veteráns da USC

[28/02/2011] O clube de atletismo da USC obtivo sete medallas –tres ouros, unha prata e tres bronces– no Campionato Galego de Veteráns celebrado o pasado sábado na pista cuberta de Riazor en A Coruña.

Xadrez: Oitava Rolda

[28/02/2011] A xornada saldouse cunha contundente vitoria do equipo da USC na División de Honra fronte ao Breogán e a derrota pola mínima da USC Xuvenil diante do Marquiño.