Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Recepción dos participantes no Verán CampUSC no Reitorado e no Concello de Santiago

[06/09/2017] O reitor da USC, Juan Viaño, xunto coa Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e Vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, Dolores Álvarez, recibiron en San Xerome a participantes da quinta quenda do Verán CampUSC 2017 aos que fixeron entrega de diversos obsequios. A seguir, visitaron o Concello de Santiago, onde departiron con membros da Corporación Municipal.

Programación da quinta quenda do Verán CampUSC 2017

[29/08/2017] Todo esta preparado para que o Verán CampUSC retome as súas actividades o próximo venres 1 de setembro, na que será a quinta e derradeira quenda da edición de 2017 que finalizará o 8 de setembro. Se desexas facer parte aínda estás a tempo de inscribirte.

Camiño ao Gaiás entra na súa recta final

[21/08/2017] Camiño ao Gaiás 2017 superou xa o ecuador da súa programación, mais aínda quedan en axenda catro roteiros: un nocturno o 24 de agosto e tres diurnos os días 31 de agosto, 7 e 14 de setembro. Unha oportunidade excelente para achegarse á Cidade da Cultura facendo un percurso de gran valor cultural e paisaxísticos.

Remate da cuarta quenda do Verán CampUSC 2017

[01/08/2017] Onte, luns 31 de xullo, púxoselle o ramo á cuarta quenda do Verán CampUSC. Tras unha paréntese no mes de agosto, o Verán CampUSC retorna o día 1 de setembro coa súa quinta e derradeira quenda que finalizará o 8 de setembro. Nesta quenda aínda quedan prazas dispoñibles.

Programación da cuarta quenda do Verán CampUSC 2017

[21/07/2017] Dispoñible a programación da cuarta quenda do Verán CampUSC 2017 que abrangue do 24 ao 31 de xullo.