Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Xadrez: sétima rolda, resultados adversos

[23/02/2011] Xornada complicada para o catro equipos universitarios que se saldou con dúas derrotas e dous empates. USC en división de honra e USC Xuvenil en primeira perderon e empataron os dous equipos de terceira USC Compostela e Escola USC.

Resultados do Campionato de Tenis

[23/02/2011] Vitoria do equipo infantil do Club USC fronte a Club de Tenis de Negreira e derrotas do equipo veterán +45.

USC, prata e bronce no Campionato de España Absoluto de Judo Sector Oeste

[22/02/2011] Daniel González Jorge (-73 kg) e Ana Mª García Esmorís (-70 kg) foron bronce e prata respectivamente no Campionato de España Absoluto de Judo Sector Oeste, celebrado en Lugo o sábado 19 de febreiro. González Jorge, actual campión de España Junior, conseguíu o bronce e Ana García Esmorís repite final coa compañeira de selección, Sara González.

9 atletas da USC clasifícanse na Proba do Caramiñal para o Campionato Galego de Campos A Través Escolar

[21/02/2011] O pasado sábado 19 de febreiro disputouse no circuito da Praia de Cabío en A Pobra o Campionato Provincial de Campo a Través Escolar organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte. O balance do clube USC foi magnífico: dos 16 atletas clasificados nas Fases Previas, 9 acadaron a clasificación para o Campionato Galego.

Competicións deportivas da fin de semana

[18/02/2011] Os deportistas da USC participan, o sábado, nas primeira proba da Liga Galega de Orientación en Pontevedra, no Campionato de España Absoluto de Judo, na cuarta xornada da Liga xuvenil e alevín de natación e na sétima rolda da Liga Galega de Xadrez. O domingo é día para o tenis no Campionato Galego por Equipos Veteráns.