Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Judo, tenis e atletismo na fin de semana

[24/03/2011] Os atletas da USC mídense en diversas probas o sábado 26. Os judokas disputan a Fase Sur do Campionato Escolar e os tenistas dos equipos infantís e absolutos teñen cita o sábado e o domingo.

Campionato Galego Benxamín-Alevín-Infantil en Pista Cuberta

[23/03/2011] Quince atletas do club USC participaron no Campionato Galego de Pista Cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil acadando unha prata e un bronce.

Mapa e Track GPS da ruta Vilela-Serra do Farelo

[23/03/2011] Xa está dispoñíbel o Mapa e Track GPS da ruta de Vilela- Serra do Farelo. Cunha extensión de 16 km, un perfil de desnivel medio-baixo e cunha dificultade media, o percurso percorre a parroquia de Vilela no concello de Rodeiro e achéganos a liña de cume da Serra do Farelo.

Dous judokas da USC clasifícanse para a fase final Campionato de España sub-20

[22/03/2011] Ana María García Esmorís, medalla de ouro en -70 kg, e Pablo Forján Somoza, prata en -60 kg, competirán no Campionato de España Sub-20.

Décima rolda da Liga Galega de Xadrez

[22/03/2011] Na xornada do sábado 19 de marzo, os equipos da USC que sufriron senllas derrotas, Na División de Honra perdeuse co Círculo das Artes de Lugo. O USC Xuvenil, en Primeira División foi derrotado polo Xadrez Rianxo.