Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Listaxe de admitidos/as no programa Verán CampUSC 2010

[09/06/2010] A Comisión de segumento do Verán CampUSC acordou admitir todas as solicitudes de inscrición da quenda de xuño, segunda quenda de xullo (19-23), terceira (26-30 de xullo) e mais a quenda de setembro. No tocante a primeira quenda de xullo (1-16 xullo) acordouse admitir a todos os nenos e nenas inscritos en máis dunha quenda e/ou con algún irmán tamén inscrito nesta ou noutra quenda.

O Club USC de Tenis gaña o Campionato de Galicia

[28/05/2010] O equipo do Club USC de Tenis de 2ª categoría masculina gañou o Campionato de Galicia da categoría ao impoñerse ao Círculo Cultural e Mercantil de Vigo por 4 a 3.

Javier Castro coa selección galega de atletismo no Campionato de España

[27/05/2010] O atleta do USC Javier Castro Sanzeri foi convocado para asistir coa selección galega ó Campionato de España por selección autonómicas escolar que se celebrará do 4 o 6 de xuño en Lloret de Mar.

En marcha a segunda edición do Verán CampUSC

[21/05/2010] Por segundo ano consecutivo a Vicerreitoría de Cultura da USC encomendou á Fundación USC Deportiva a organización do Verán CampUSC: campamento urbano deportivo dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, que posibilitará a conciliación da vida laboral e familiar dos membros da comunidade universitaria.
Participantes na III Carreira Popular Solidaria

IV Carreira Pedestre Popular Solidaria 2010

[12/05/2010] O domingo 16 de maio celebrarase a IV Carreira Pedestre Popular Solidaria 2010, que conta coa participación na organización, entre outros, da Fundación USC Deportiva. Comezará ás 11:00 horas e levarase a cabo nun circuito polo Campus Sur, en Santiago.