Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

A USC competirá polo título nacional universitario 2010-2011 de Fútbol Sala Feminino

[11/04/2011] A USC venceu á Universidade do País Vasco na fase interzonal do Campionato Universitario de España celebrada, en Xixón, o día 1 de marzo, na modalidade de Fútbol sala Feminino, e disputará a final universiraria os vindeiros 11-15 de abril en Madrid.

Competicións deportivas na fin de semana

[08/04/2011] O sábado 9 e o domingo 8 achegan unha variada oferta de competicións deportivas con presenza dos clubes da USC: natación, judo, atletismo e tenis.

Mapa e Track GPS da Ruta do Santo (Montederramo)

[07/04/2011] Xa está dispoñíbel o Mapa e Track GPS da Ruta do Santo Montederramo. Cunha extensión de 28 km no seu trazado de maior desnivel e dificultade e de 23 km. no de dificultade e desnivel medio. A Ruta comeza en Montederramo, a carón do mosteiro, e acada o cumio de San Mamede (1.606 m.)

31 participantes no curso de arbitro-anotador-cronometrador organizado pola USC

[07/04/2011] O pasado 6 de abril finalizou o curso de árbitro/anotador-cronometrador que se levou a cabo dende o 14 de marzo en Santiago de Compostela, organizado polo Servizo de Deportes da USC coa colaboración da Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Balonmán.

Judo, Campionato de España sub-20: quinto posto para Ana García Esmoris

[07/04/2011] O sábado 2 de abril celebrouse na localidade madrileña de Villaviciosa de Odón unha nova edición do Campionato de España sub-20 na súa fase final, na que participaron Ana García Esmoris e Pablo Forján Somoza.