Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Verán CampUSC 2020

[14/05/2020] Nos últimos anos, durante a segunda quincena de abril abríase a preinscrición no Verán CampUSC. Tendo en conta a extraordinaria situación que estamos vivindo neste momento, na Fundación USC estamos á expectativa das decisións que tomen as autoridades sanitarias. En calquera caso, continuamos traballando na planificación do programa valorando diferentes circunstancias en canto á data de inicio, formato, programación, número de participantes, protocolos de actuación, medidas a adoptar, etc. pero coa intención de levar a cabo este programa de conciliación se as autoridades o permiten. Recomendamos permanecer atentos á nosa páxina web para futuras informacións.

Recomendacións de actividade física e vida activa no fogar

[25/03/2020] A pesar da situación de confinamento podemos seguir aproveitando os beneficios da práctica de actividade física. Nesta achega, xunto a unhas pautas xerais de actuación e rutinas aconsellables durante o confinamento, atoparás catro programas de actividade física.

Actualización do Protocolo de servizo da Fundación USC Deportiva diante da situación creada polo COVID-19

[16/03/2020] Co fin de garantizar a saúde dos usuarios e traballadores, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación ao COVID-19, o goberno estatal e a Xunta de Galicia, a Fundación adopta as seguintes medidas: 1/ Habilitación de traballo non presencial para o persoal e así evitar riscos de contaxio colectivo do equipo de traballo na sede da Fundación. 2/ A prestación de servizos deportivos a entidades, institucións, etc. queda suspendida ao 100% desde o día 14 de marzo. 3/ A sede da entidade permanecerá pechada.

Protocolo de servizo da Fundación USC Deportiva diante da situación creada polo COVID-19

[13/03/2020] Co fin de garantizar a saúde dos usuarios e traballadores, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación ao COVID-19, a Fundación adopta as seguintes medidas: 1/ Habilitación de traballo non presencial para o persoal e así evitar riscos de contaxio colectivo do equipo de traballo na sede da Fundación. 2/ A prestación de servizos deportivos a entidades, institucións, etc. queda suspendida ao 100% desde o día 14 de marzo.3/ Sempre haberá unha persoa de maneira presencial nas nosas oficinas para a atención telefónica.

Aprazados os cursos de formación IV Xornada Teórico-Práctica de Iniciación á Autodefensa e o Obradoiro de Kung Fu

[12/03/2020] Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e deportivas de Galicia e tendo en conta a actitude preventiva que debemos manter toda a sociedade en xeral para previr a propagación do coronavirus COVID-19, a Fundación USC Deportiva apraza tanto a IV Xornada Teórico-Práctica de Iniciación á Autodefensa prevista para este sábado 14 coma o Obradoiro de Kung Fu programado para o sábado 28 de marzo. Nas vindeiras semanas comunicaranse as novas datas.

 

<< Primeira < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Última >>