Fundación USC Deportiva USC
Inicio > A Fundación > Presentación

Presentación

A Fundación USC Deportiva é unha entidade que ten como actividades fundacionais:

  1. Xestionar, prestar, organizar e realizar actividaes e servizos instrumentais da Universidade de Santiago de Compostela.
  2. Formalizar convenios ou acordos de colaboración ou intercambio con empresas, organismos e institucions, nacionais ou estranxeiras, así como participar nas citadas entidades cando así sexa preciso para mellor consecución dos seus fins.
  3. Desenvolver modelos de colaboración e cooperación que contribúan á sostibilidade económico da Fundación e da Universidade de Santiago de Compostela.
  4. Subscribir contratos con persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, para o cumprimento dos seus fins, incluídos os contratos de patrocinio que contribúan á sostibilidade económica e ao máximo aproveitamento das actividades da Fundación e da Universidade.
  5. Realizar todo tipo de actividades de formación non regrada que resulten de interese vinculadas ás actividades que desenvolve.
  6. O exercicio de actividades económicas precisas para o cumprimento dos seus fins, así como todas aquelas accións subordinadas ou accesorias á actividade principal.
  7. Recadar fondos, incluso recorrendo a financiamento alleo, empregándoos no financiamento e promoción dos seus fins.
A Fundación USC Deportiva constituiuse xuridicamente o 9 de novembro de 2007 e a súa andaina institucional iniciouse efectivamente en 2008.