Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Utilidades > Aviso legal

Aviso legal

FUNDACIÓN USC DEPORTIVA non se fai responsable dos danos e das perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estricto exercicio das súas competencias.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do/a usuario/a.

FUNDACIÓN USC DEPORTIVA non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

Protección de datos

FUNDACIÓN USC DEPORTIVA garante a todos os usuarios a máxima confidencialidade e privacidade dos datos persoais que subministren para rexistrarse en liña de acordo coas esixencias legais.

Ao facilitarnos os seus datos persoais a través do formulario electrónico, o usuario consente o tratamento dos devanditos datos por FUNDACIÓN USC DEPORTIVA nos termos da presente política de confidencialidade. Esta política pode cambiar polo que recomendamos a súa consulta periódica.

Os datos persoais enviados polos usuarios están protexidos e a súa manipulación está restrinxida de acordo á lexislación española reflectida na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. No momento en que un usuario facilita os seus datos persoais, estes son incorporados á nosa base de datos, utilizándose unicamente para o rexistro de usuario, así como para enviar posible información referida á web. FUNDACIÓN USC DEPORTIVA asegura a confidencialidade dos datos achegados polos nosos usuarios e garante que en ningún caso serán cedidos nin vendidos a terceiras empresas alleas, nin utilizados para outro fin que o descrito anteriormente.

De acordo co establecido coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o usuario da web de FUNDACIÓN USC DEPORTIVA poderá, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e no seu caso revogación do consentimento para a cesión dos seus datos nos termos previstos na referida lei e demais normas que se desenvolvan. Para iso, o usuario só deberá comunicalo escribindo ó enderezo de correo electrónico contacto[@]fundacionuscdeportiva.org.

Os usuarios da web deben realizar un uso lícito dos servizos que se ofrecen na web de acordo coa legalidade vixente e cos nosos dereitos de propiedade e de terceiros. Así mesmo, os usuarios non deben realizar a través dos nosos servizos ningunha acción que provoque dano ou alteracións dos contidos (como a introdución de virus informáticos) nin tampouco deben intervir ou alterar o correo electrónico doutros usuarios. No caso contrario, resérvase o dereito a excluír do acceso á nosa web.