Fundación USC Deportiva USC
Inicio > A Fundación > Presentación

Presentación

A Fundación USC Deportiva é unha entidade que ten como actividades fundacionais:

  • Xestión, prestación, organización e realización de actividades e servizos relacionados co ocio e tempo libre de tipo deportivo, cultural e social.
  • Exercicio das actividades económicas precisas para o cumprimento dos seus fins, así como todas aquelas accións subordinadas ou accesorias á actividade principal.
  • Organizar, preparar e apoiar eventos relacionados coa actividade físico-deportiva a celebrar na Comunidade Autónoma Galega.
  • Realizar actividades encamiñadas a involucrar os medios de comunicación no proceso de divulgación, promoción e fomento da práctica deportiva.
  • Celebrar cursos, seminarios, conferencias, etc.. para a formación de universitarios, técnicos e deportistas, así como a elaboración, edición, publicación e venda de libros, revistas, folletos, material audiovisual e material multimedia, ou actividades semellantes relacionadas cos fins da Fundación.
  • Xestionar o uso e/ou explotación de instalacións deportivas e equipamentos de titularidade propia ou allea.
  • Colaborar coas administracións públicas e con institucións e empresas públicas e privadas para o fomento do deporte universitario.
  • Calquera outra actuación que, directa ou indirectamente, favoreza a mellora do deporte e a práctica deportiva na Comunidade Autónoma de Galiza.
  • Xestionar o deporte federado da USC.
  • Organizar representacións culturais, musicais, cinematográficas, teatrais, coreográficas, circenses ou actividades semellantes, que contribúan aos fins da Fundación.

A Fundación USC Deportiva constituiuse o 9 de novembro de 2007, clasificada de interese deportivo por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de decembro de 2007 e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Cultura e Deporte do 28 de decembro de 2007. A súa andaina institucional iniciouse efectivamente en 2008.

A Fundación USC Deportiva constituiuse xuridicamente o 9 de novembro de 2007 e a súa andaina institucional iniciouse efectivamente en 2008.