Fundación USC Deportiva USC

Publicadas as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC

[20/05/2019] Publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2019. As persoas admitidas poderán formalizar a praza até o día 2 de xuño.

Axenda deportiva do Club USC

[17/05/2019] A fin de semana das Letras Galegas ten ao tenis e a natación como deportes protagonistas na axenda do Club USC.

Listaxes provisorias de persoas admitidas no Verán CampUSC 2019

[14/05/2019] Publicadas as listaxes provisorias de persoas admitidas no Verán CampUSC 2019. O período de reclamacións e subsanación de erros vai do 14 ao 15 de maio. O 20 de maio publicaranse as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda.

Atletas da USC participan con grande éxito no Campionato Provincial Escolar

[14/05/2019] O pasado domingo disputouse nas pistas de atletismo da Alta no Concello da Pobra do Caramiñal, o Campionato Provincial Escolar en pista 2019. No mesmo tomaban parte 13 membros da escola de atletismo da USC clasificados despois das fases previas entre as mellores 16 marcas da provinicia en cada proba.

Competición do Club USC na fin de semana

[09/05/2019] A axenda deportiva do Club USC está dominade pola tríade do fútbol veterano, o tenis e o atletismo.

Competicións do Club USC na fin de semana

[03/05/2019] A primeira fin de semana de maio achégase cunha axenda deportiva do Club USC protagonizada polo tenis, a natación, o atletismo, o fútbol de veteranos e o xadrez.

Track GPS, MIDE e mapa da rtuta ao Pico Formigueiros no Courel

[03/05/2019] Dispoñibles o track GPS, MIDE e mapa da rtuta ao Pico Formigueiros no Courel que se vai realizar o sábado 4 de maio.

Nova edición do Verán CampUSC. Preinscrición aberta até o 9 de maio.

[30/04/2019] A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; a concelleira de Igualdade, Marta Lois González; e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida Otero presentaron hoxe Verán CampUSC 2019, o programa de conciliación estival da Universidade que achegará actividades deportivas, culturais, socioeducativas e de lecer a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos. A preinscrición no Verán CampUSC xa abriu e pecharase o vindeiro 9 de maio.

Axenda deportiva do Club USC

[26/04/2019] A derradeira fin de semana de abril despídese cunha cumprida axenda de competicións de atletismo, tenis, fútbol veterano, xadrez e tenis.

Track GPS e mapas da saída de Semana Santa por terras de Béjar

[16/04/2019] Track GPS e mapas da saída de Semana Santa por terras de Béjar (Salamanca).

Verán CampUSC 2019

Do 24 ao 28 de xuño; do 1 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo; do 22 ao 31 de xullo; e 2 ao 10 de setembro de 2019.



Libros

Elogio de la bicicleta

Publicado en 2008, Eloxio da bicicleta é definido por Marc Auge como «unha reflexión sobre á lembranza, ao mito e á utopía» como distintas caras da realidade que se constrúe ao redor da bicicleta, o cicloturismo e o ciclismo desde a posguerra europea ao mundo actual.