A Fundación USC Deportiva constituíuse o 9 de novembro de 2007, clasificada de interese deportivo por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de decembro de 2007, e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Cultura e Deporte do 28 de decembro de 2007. A súa andaina institucional iniciouse efectivamente en 2008.
A Fundación ten por finalidade principal a promoción, o incentivo e o desenvolvemento da actividade físico-deportiva universitaria, preferentemente na Comunidade Autonóma Galega.